Nace un novo periódico galego desde Madrid, baixo a cabeceira 'Galicia al Día'
Novo periódico á vista, galego pero de Madrid. O próximo luns, día 12, ás 20 horas, vai ter lugar na Casa de Galicia en Madrid a presentación do periódico 'Galicia al Día', editado por Onis Comunicación. Segue, pués, o boom dos gratuítos.
'Galicia al Día' (en Madrid) defínese como "unha aposta informativa orixinal e necesaria para intercomunicar ó mundo da galeguidade na capital de España". Este gratuíto quincenal ten como filosofía informativa reflectir a actividade dos diversos centros galegos na comunidade madrileña, así como os actos e presentacións das distintas asociacións de empresarios (Aegama), médicos (Asomega), xuristas (Iurisgama) e xornalistas. E, por suposto, os da Casa de Galicia.
'Galicia al Día' tamén reflectirá os acontecementos e decisións que se tomen en Galicia e na Xunta que poidan ter interese para os galegos que viven en Madrid. "Queremos ser un periódico aberto ás suxestións dos lectores. Esas suxestións poden comezar no mesmo acto da presentación", sinalan os seus promotores.
MADRID
XORNAL