Medio Rural organiza un curso sobre incendios forestais para profesionais dos medios de comunicación

A Consellería do Medio Rural organiza un curso de formación especializado no ámbito dos incendios forestais para profesionais dos medios de comunicación. Consta de catro edicións que se impartirán durante a próxima semana en cada unha das provincias galegas.

A formación consta de varios módulos:

Módulo I: Conceptos básicos e evolución das emerxencias.
Módulo II: Terminoloxía asociada a emerxencias e desastres.
Módulo III: Xestión de información e comunicación en emerxencias e desastres.
Módulo IV: Tipos de emerxencias segundo o fenómeno ou suceso que a orixina.
Módulo V: Mitos e realidades nas emerxencias. Combatendo bulos.
Módulo VI: Prevención de Riscos Laborais e EPIs para periodistas.

Cada xornada dura 5 horas, en horario de 9.00 a 14.00 horas, cun posterior aperitivo. Impartirase nas catro provincias co seguinte calendario:

Na provincia de Ourense terá lugar o 25 de xuño no Centro de Loita contra o Lume de Toén (73V6+7G, 32920 A Conchada, Ourense), entrada polo Campo de Fútbol de Moreiras.

Na provincia de Lugo terá lugar o 26 de xuño na sala de persoal e sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Rúa Benigno Ledo, 2, 27002 Lugo).

Ns provincia de Pontevedra terá lugar o 28 de xuño na Base de Brigadas Helitransportadas do Campiño (Rua do Chan Da Parafina, 10, 36158 Pontevedra).

Na provincia da Coruña terá lugar o 27 de xuño no Edificio administrativo de Monelos (Rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

Para asistir cómpre inscribirse previamente a través do correo electrónico crm.prensa@xunta.gal.es ou dos teléfonos 981 54 47 99 / 08 / 09, facilitando nome e apelidos, datos de contacto e medio para o que traballa.

CPXG