Mañá, martes 14 de abril, dáse a coñecer en Pontevedra a candidatura gañadora do XXII Premio Xornalistas
O anuncio da resolución da XXII edición do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra, coñecerase este martes 14 de abril nunha conferencia de prensa na sala de prensa do Concello de Pontevedra (Rúa Michelena, 30, 2° andar) ás 11:00 horas.
Na conferencia de prensa vai facerse pública a candidatura gañadora do XXII Premio Xornalistas e anunciaranse os actos de entrega do mesmo. Intervirán:
- Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
- Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- Darío Janeiro Pereira, secretario do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa
As tres candidaturas presentadas este ano foron a estadounidense Mary Bruce, correspondente xefa de ABC News na Casa Branca atacada por Trump; a organización Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua (PCIN), en representación das e dos xornalistas perseguidos nese país e o xornalista galego de elDiario.es José Precedo, que defendeu o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo.
CPXG