Máñá ás 14:00 remata o prazo para presentar traballos ao III Premio Somos Esenciais

Ás 14:00 horas de mañá, mércores 31 de maio, remata o prazo para optar aos 1.500 euros do III Premio 'Somos Esenciais', que convoca o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis. O galardón recoñece traballos xornalísticos de temática social en Galicia emitidos ou publicados no 2022. 

Baixo o lema A información ao servizo da xente, o premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2022. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. 

Máis información aquí.

CPXG