Máis de 32 millóns de espectadores sentan diante dos seus televisores a diario

Un estudo revela que unha media de 32,3 millóns de españois contactaron coa televisión a diario durante o ano pasado 2006, cun medio de consumo entre este colectivo de persoas, de 279 minutos. Os datos foron facilitados por Barlovento Comunicación.
De forma xeral, os índices de consumo televisivo mantivéronse estables segundo se desprende dos datos facilitados: 217 minutos por habitante e día, cifra obtida para este ano pasado que practicamente nos dá cifra idéntica á rexistrada en 2005. Do estudo despréndese que novamente volveron a ser as mulleres (236 minutos), os maiores de 64 anos (306) e as clases medias/baixas (238), os segmentos de poboación con maior afinidade ó instrumento catódico.

O estudo tamén ofrece datos do medio obtido nas diferentes Comunidades Autónomas, así revela que no ano pasado 2006 as comunidades que resultaron máis adictas ó medio foron Aragón, Baleares, Comunidade Valenciana e Andalucía, mentres que no lado das rexións que se presentan como as menos consumidoras se situaron as comunidades de Canarias, Murcia, Galicia e Madrid.

MADRID
DIARIO DE FERROL / AXENCIAS