Fran Llorente seguirá á fronte dos informativos de TVE
O xornalista Fran Llorente foi ratificado como director dos Servizos Informativos de Televisión Española, cargo que ocupa desde maio de 2004, cando foi nomeado pola ex directora xeral Carmen Caffarel. Neste período, Llorente estivo á fronte dun equipo que tentou distanciarse da etapa anterior. Durante a xestión do seu predecesor (Alfredo Urdaci), a televisión pública foi condenada por "manipulación" pola Audiencia Nacional.
A ratificación de Llorente foi comunicada onte polo presidente (desde o pasado luns) da Corporación RTVE, Luis Fernández, ó Consello de Administración. E prodúcese catro días despois do nomeamento de Javier Pons (procedente da produtora catalana El Terrat, liderada por Andreu Buenafuente) como director de TVE. "O noso obxectivo é facer unha xestión global, pensando nos contidos e na programación dunha serie de canles que han de ser complementarios", dixo Fernández durante a reunión do Consello.
Tamén foi revalidado no seu posto Pablo Carrasco, director de Contidos da televisión pública. Procedente de Canal Sur, Carrasco incorporouse a TVE en marzo de 2005. A súa etapa estivo marcada por unha caída xeneralizada das principais emisoras nacionais, unha baixada no que TVE se levou a peor parte. Ademais de planificar os contidos era responsable da elaboración da grella.
Esta parcela quedará agora en mans de Carlos Fernández, que se incorpora a TVE como director de Programación, con competencias sobre as reixas de todos os soportes tecnolóxicos: as dúas canles analóxicas (TVE-1 e La 2), as temáticas (Teledeporte ou Canal 24 Horas) e os que emiten en dixital terrestre. Fernández traballou en Telemadrid, Tele 5, Antena 3, Sogecable, Plural Entertainment e Vocento.
Na mesma sesión, Jesús María Santos foi nomeado director de Asuntos de Presidencia, cuxas competencias veu desempeñando ata agora Mario García de Castro. Igual que Caffarel, regresará á Universidade.
MADRID
EL PAÍS
R. G. G.