Fecha coas conclusións definitivas o Foro sobre Comunicación e Xénero

Após o debate na rede, entre o 20 de decembro e o 15 de xaneiro, sobre o texto provisorio, o Observatorio dos Medios publica agora as conclusións definitivas do Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero, celebrado entre o 9 de outubro e o 25 de novembro pasados. Coa exposición de conclusións definitivas fechase este Foro, que pretendeu unir as experiencias de xornalistas, o ámbito académico e os colectivos de mulleres na busca dun tratamento da información máis comprometido coa igualdade.
O documento de exposición de resultados e conclusións foi elaborado pola coordenadora de contidos, Ana Belén Puñal Rama, recollendo as ideas das distintas ponencias e comentarios do foro virtual, así como das expostas na xornada presencial, celebrada o 25 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O debate sobre o texto, porén, continuará disponíbel na rede, como o resto de comunicacións, e poderán realizarse comentarios, por máis que as conclusións xa se consideren definitivas.