Este xoves, 24 de marzo, preséntase a VII Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis

Este xoves, 24 de marzo, preséntase a sétima edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11:00 horas na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n), en Santiago de Compostela.

O acto contará coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
  • Xose Manuel Pereiro, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • Ramón Mariño, Director de zona de Abanca en Santiago.

 

Ao remate das intervencións presentaranse os traballos gañadores da pasada edición: A Cousa, por parte de Xulia Lomba Fernández, Yaiza López Otero, Beatriz Gutiérrez Caneda e Aida Vilariño GarcíaZoom na Bagatela, a cargo de David Ferreiro Pérez e Raúl Novoa González.

CPXG