Este sábado 11 toma posesión a nova Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas

A toma de posesión da nova Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia terá lugar mañá, sábado 11 de maio, ás 12:30 da mañá na Sala Galería do Hotel Virxe da Cerca en Santiago de Compostela (Rúa da Virxe da Cerca, 27) nun acto aberto.

O acto de relevo na Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas dará comezo ás 12:30 co discurso de toma de posesión da nova decana, Belén Regueira Leal. A continuación, a decana atenderá os medios.

CPXG