En pé contra a ‘Lei Mordaza’
Ante a entrada en vigor da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá o 1 de xullo, a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) reitea o seu rexeitamento a esta norma, que restrinxe dereitos fundamentais da cidadanía como o de reunión, manifestación e liberdade de expresión.
Esta organización apoia as manifestacións que se van celebrar en toda España contra esta reforma lexislativa e fai un chamamento para asistir a elas.
O Goberno e o PP empecináronse en sacar adiante esta lei en solitario, co rexeitamento da oposición -que a ten recurrido ante o Tribunal Constitucional-, o Consejo General de la Abogacía e colectivos cidadás da máis diversa condición. Todos eles coinciden en que era innecesaria, polo que a única razón que xustifica a súa aprobación é que con ela queren reprimir as protestas da cidadanía contra os recortes que ten aprobado o Executivo durante os últimos anos. (Segue lendo...)
FEDERACIÓN DE SINDICATOS DE XORNALISTAS