En marcha o ciclo de conferencias 'Xornalismo Século XXI', organizado polo CPXG e Caixanova
O programa do ciclo de conferencias 'Xornalismo Século XXI', que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Caixanova, continúa en marzo. Ademais da Coruña, vai haber charlas en Ourense e en Pontevedra.
A próxima charla do ciclo 'Xornalismo Século XXI' vai ter como protagonista a Sabino Fernández Campo, que vai impartir unha conferencia sobre 'Monarquia e constitución'. Manolo Rodríguez, xornalista de La Voz de Galicia e conductor do programa "Biblioteca galega" de RadioVoz, vai ser o presentador desta charla, que se celebra o dia 15 de marzo. A conferencia será ás 20.00 no Centro Social Caixanova (Avenida da Mariña, esquina Fama).
Antes xa estiveron no ciclo Juan Pedro Valentín, Sergio Sauca e máis recentemente, Paloma Gómez Borrero.
Ourense
A seguinte cita vai ser en Ourense, onde Antonio Gasset vai tratar o tema da 'Información sobre cine' o dia 28 de marzo. A charla vai ser ás 20.15 no Centro de Desenvolvemento de Caixanova (Avenida de Pontevedra, 9). En xornadas posteriores van falar Mª José Roselló (20 de abril) e Paloma Gómez Borrero (30 de maio).
O ciclo inaugurouse en Ourense con Mayte Pagazaurtunda, da Fundación Víctimas do Terrorismo.
Pontevedra
As conferencias programadas en Pontevedra comezaron coa presenza de Javier Nart. A próxima charla vai ser a de Juan Pedro Valentín (o 29 de marzo), e, a continuación, falarán en Pontevedra Mª José Roselló (o 19 de abril) e Fran Sevilla (o 21 de xuño). As conferencias pontevedresas vanse celebrar no Centro Social de Caixanova (Rúa Augusto González Besada, 2) a partir das 20.00 hh.