El País repite como o diario máis mercado pese á súa baixada en vendas e El Mundo segue recortando distancias

Os diarios de información xeral máis mercados en España conseguiron un total de 1.309.699 vendas diarias durante o mes pasado de novembro, un 4,8% menos que o ano anterior, segundo se desprende do estudo da Asociación Española de Editores de Diarios (AEDE), auditado por Deloitte, e que ten en conta tamén as subscricións individuais. Tal e como ocorreu en outubro do 2006, en novembro El Mundo volve a situarse como o diario que máis aumento rexistrou, un 5,91%, ó conseguir 247.540 vendas diarias. De todas as formas, unha vez máis foi El País o que se colocou como o periódico con maior número de exemplares diarios, 334.042, pese a rexistrar unha baixada dun 6,77%.
Igual que ocorreu nos meses de setembro e outubro do ano pasado, en novembro o ABC, que se encontra en terceiro lugar en canto á venda de exemplares e subscricións individuais cunha cifra de 171.855 diarios, volve a ser o periódico que sofre a maior caída respecto ó 2005, xa que as súas vendas diarias baixaron un 17,65%.

En cuarta posición aparece La Vanguardia con 141.159 exemplares diarios e unha baixada do 4,65% respecto ó ano anterior, seguido de El Periódico de Catalunya, que tras perder un 6,39% conseguiu no mes pasado de novembro un total de 120.601 vendas diarias e de El Correo, con 111.405 exemplares.

As dúas últimas posicións dos diarios máis vendidos volveron a estar ocupadas un mes máis por La Razón, que con 96.301 exemplares diarios foi o único diario que conseguiu aumentar as súas vendas (2,83%), El Mundo e La Voz de Galicia, que baixou un 2,45%, rexistrando un total de 86.796 diarios.

Marca e As, á cabeza

No que se refire a diarios deportivos, que rexistraron en xeral unha perda dun 4,22%, Marca segue á cabeza dos máis vendidos cun total de 241.171 exemplares diarios, aínda que rexistrou a maior baixada de todos os periódicos do sector, un 10,34%.

A Marca séguelle o diario As que tras conseguir un total de 180.100 exemplares aumentou un 0,96%, Sport con 85.224 vendas diarias e a maior suba dentro do sector, un 3,59%, e Mundo Deportivo, con 77.615 exemplares (perdeu un 2,95).

No terreo económico, Expansión continúa á cabeza con 34.796 exemplares tras baixar un 0,60% respecto ó ano anterior, seguido de Cinco Días, que perde un 5,68% respecto ó 2005 con 11.222 vendas diarias e Gaceta dos Negocios, con 6.739 exemplares e unha perda dun 1,08%.

Ingresos de publicidade

Por outra parte, nos ingresos de publicidade nos que o conxunto dos diarios rexistraron unha facturación neta de 71.059.900 euros e unhas ganancias dun 5,52% respecto ó ano precedente, El País volve a situarse á cabeza con 18.112.899 euros e unha suba dun 9,03%.

Á principal cabeceira do Grupo Prisa séguea La Vanguardia, que un aumento do 3,83%% deixoulle 12.911.923 euros de ingresos. El Mundo ocupa a terceira posición no terreo con 12.500.067 euros e unha suba de 8,70%, e despois sitúase ABC con 9.836.422 euros e un aumento dun 0,39% respecto ó ano anterior.

Os peores resultados do mes de novembro son para El Periódico de Catalunya con 6.257.236 euros e unha suba dun 4,16% respecto ó 2005, El Correo cuns ingresos de 4.704.274 euros, La Voz de Galicia con 3.466.742 euros e La Razón, que pese a ser o diario que máis medrou neste terreo respecto ó 2005 (10,28%) pecha a lista cun total de 3.270.337 millóns.

Deporte e economía

No deporte, Marca encabeza tamén esta lista con 4.168.238 euros, seguido, de lonxe, polo diario As, que pese a ocupar a segunda posición, foi o periódico que máis aumentou os seus ingresos publicitarios, un 32,37%. Sport se sitúa en terceira posición cun total de 816.194 euros, seguido de Mundo Deportivo, que coa segunda maior suba do setor (19,74%) consegue un total de 812.954 euros.

Por último, respecto ó mundo económico, o maior crecemento volve a vir da man de Expansión cun 27,72% respecto ó 2005 e unhas ganancias de 2.834.885 euros. Ó que tamén conseguiu continuar líder respecto ó número de vendas, lle seguen Cinco Días con 1.283.404 euros e Gaceta dos Negocios, con 845.987 euros que medra un 11,99% máis no 2006 que o ano anterior.

MADRID
ESTRELLA DIGITAL
Gema Ortega