Descontos para colexiados e colexiadas en Isla Mágica

En virtude dos acordos asinados pola Rede de Colexios de Xornalistas, os colexiados e colexiadas do CPXG poden beneficiarse do convenio do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía co parque temático Isla Mágica, polo que poden desfrutar de acceso gratuíto ao parque para os xornalistas e desconto do 33% en até catro entradas. 

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía vén de asinar un acordo co parque temático sevillano Isla Mágica, extensíbel a toda a Rede de Colexios de Xornalistas. Grazas a este convenio, as colexiadas e colexiados do CPXG poderán acceder de maneira gratuíta ao parque ademais de gozar dun desconto do 33% na compra de até catro entradas a maiores. A compra de entradas ten que realizarse a través da plataforma web, introducindo o código promocional disponíbel na sección Descontos. Unha vez no parque, será necesario identificarse co carné do Colexio de Xornalistas. 

Estas vantaxes para as colexiadas e colexiados súmanse ás de varias ducias de convenios activos que ofrecen condicións especiais en aloxamentos, aluguer e compra de vehículos, lecer, subscricións a medios de comunicación, museos, clínicas de saúde, seguros ou transportes. Podes consultar todos os convenios na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG