Créase un tribunal popular para xulgar o asasinato de xornalistas

O vindeiro martes 2 de novembro terá lugar na Haia a audiencia inaugural do Tribunal do Pobo sobre o Asasinato de Xornalistas, creado dentro do Tribunal Permanente dos Pobos, a petición de FPU, RSF e o CPJ, para xulgar aos gobernos de Sri Lanka, México e Siria pola falta de xustiza ante os asasinatos de tres comunicadores. 

As organizacións internacionais Free Press Unlimited (FPU), Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) e o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPJ, polas súas siglas en inglés) solicitaron al Tribunal Permanente dos Pobos a creación dun Tribunal do Pobo sobre o Asasinato de Xornalistas. A iniciativa, encadrada dentro da campaña Un mundo máis seguro para a verdade, significa un esforzo sen precedentes na busca de xustiza para os crimes contra comunicadores. Os Tribunais dos Pobos están deseñados como iniciativas populares para presionar aos Estados a rendir contas polas violacións do dereito internacional, mediante a concienciación pública e a xeración dun rexistro de probas lexítimas.

O Tribunal do Pobo sobre o Asasinato de Xornalistas vai xulgar aos gobernos de Sri Lanka, México e Siria por non facer xustiza ante os asesinatos dos profesionais da información Lasantha Wickrematunge, Miguel Ángel López Velasco e Nabil Al-Sharbaji. A afamada avogada de dereitos humanos Almudena Bernabeu dirixirá a acusación, e entre as testemuñas que pasaran polo tribunal encóntranse Hatice Cengiz, prometida de Jamal Kashoggi; Matthew Caruana Galizia, fillo de Daphne Caruana Galizia; e Pavla Holcová, colega de Ján Kuciak.

A audiencia inaugural do Tribunal do Pobo sobre o Asasinato de Xornalistas terá lugar na Haia entre as 9:00 e as 18:00 horas (CET) do vindeiro martes 2 de novembro de 2021, e continuará celebrando outras catro audiencias até o 22 de maio de 2022. As sesións serán retransmitidas en directo a través deste enlace

CPXG