Continúa aberto o prazo de inscrición do Premio 'Somos Esenciais'

O prazo de presentación de candidaturas ao premio 'Somos Esenciais', creado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, para reivindicar o labor das e dos xornalistas durante a pandemia en 2020, continúa aberto até as 14.00 horas do vindeiro martes 13 de abril.

O certame recoñecera o traballo xornalístico máis salientábel dende o punto de vista informativo e de servizo público, e a el poderan presentarse todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos sobre a Covid-19 e a pandemia en Galicia ao longo do ano 2020. Estabelécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos. 

As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do martes 13 de abril a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. 

Máis información nas bases do premio ou a través do correo xornalistas@xornalistas.gal.

CPXG