Condena do atentado contra un debuxante de EL DIARIO VASCO
A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG) expresa a súa decidida condena do atentado terrorista perpetrado en San Sebastián (Guipúzcoa) contra José María Alemán, debuxante e colaborador de El Diario Vasco.
Como noutras ocasións (o asasinato de Santiago Oleaga ou a agresión contra Gorka Landaburu) debemos chamar, máis unha vez, a atención da cidadanía sobre a necesidade de rexeitar calquera agresión ou acción intimidatoria para coa comunicación en libertade e para a libertade mesma.
Expresamos no nome do xornalismo galego a solidariedade con José María Alemán e co plantel de xornalistas e traballadores de El Diario Vasco, convertidos dun tempo a esta parte en obxectivo do terrorismo etarra.
Facemos nosas as palabras do Goberno Vasco que condenou este novo ataque terrorista como "unha mostra de fanatismo e intolerancia".
Santiago de Compostela, 29 de Agosto do 2001.