Comunicación e Mocidade

O Foro Internacional sobre Comunicación e Mocidade desenvolvera o seu foro virtual a partir do 15 de xaneiro do 2007, co debate sobre as diferentes ponencias na rede, e a súa xornada presencial na cidade de Lugo o día 24 de febreiro, coa participación, coma sempre, aberta en ambas as dúas.
Durante as xornadas celebradas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC sobre a creación dun Novo Modelo de Medios Públicos para Galicia, un dos puntos inexcusables na declaración redactada foi o de fornecelos de contidos destinados á infancia, á mocidade, ao lecer e ao deporte.

A relación da mocidade cos medios de comunicación de masas non é un fenómeno novo, aínda que a bibliografía dispoñíbel non sexa tan extensa como sería de supoñer nunha área de tal importancia para a sociedade. Porén, a imaxe que os medios transmiten sobre a mocidade, ou a posibilidade de seren os propios mozos a desenvolver os seus medios de comunicación, son campos menos abordados.

Co obxectivo de rachar co aillamento entre os ámbitos asociativo, académico e profesional, e o albo sempre de conseguir un mellor tratamento dos medios de comunicación desde e para os novos, o Observatorio dos Medios convoca este seu terceiro foro internacional.