Aprobado o proxecto de lei de protección dos informantes

Este martes, o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de lei que regula a protección das persoas que informen sobre infraccións que vulneren o ordenamento europeo e nacional, que traspón con oito meses de retraso a directiva europea de seguridade para os alertadores ou whistleblowers. Vinte e cinco organizacións enviaron un decálogo de recomendacións para mellorar a norma e aumentar a protección e seguridade dos informantes.

O Consello de Ministros remitiu este martes 13 de setembro ás Cortes Xerais o Proxecto de lei que regula a protección das persoas que informen sobre infraccións que vulneren o ordenamento europeo e nacional, que busca mellorar a seguridade daquelas persoas que ofrezan datos sobre informen sobre corrupción e outras vulneracións do dereito, denominadas habitualmente whistleblowers. A nova norma vai transpor ao noso eido xurídico a directiva comunitaria 2019/1937, sobre a mesma cuestión, e esta encadrada nos compromisos do IV Plan de Gobierno Abierto 2020-2024.

Segundo o goberno, coa nova lei, calquera cidadán ou funcionario público poderá denunciar as operacións, subvencións ou adxudicacións sospeitosas, mesmo de manera anónima, a través dunha autoridade administrativa de nova creación, ou das canles internas de cada organización, que serán obrigatorias para as empresas de máis de 50 trabajadores, partidos políticos, sindicatos e fundacións que reciban fondos públicos, ademais de para os municipios (aínda que os menores de 10.000 habitantes poderán compartir medios para a recepción de información). A lei prevé tamén sancións para a información falsa, con multas de até 300.000 euros para as persoas físicas e até un millón para as xurídicas.

A nova lei chega con retraso, xa que a UE establecía o 17 de deciembro do ano pasado como data límite para a trasposición, o que xa provocou unha sanción económica. Pero desde o entorno asociativo denúncianse tamén lagoas e imprecisións do novo texto. Un total de 25 organizacións da sociedade civil, moitas delas relacionadas coa comunicación e o xornalismo, remitiron ao goberno e os distintos grupos parlamentarios un decálogo de recomendacións para mellorar o actual proxecto de lei. Entre elas encóntranse algunhas como ampliar o ámbito de aplicación da norma, eliminar calquera condicionalidade ao respecto da motivación dos informantes, garantir unha protección continua sen restricións temporais ou asegurar o anonimato da perrsoa que denuncia.

A protección dos alertadores ou whistleblowers é desde hai anos unha reivindicación continua en materia de liberdade de información no Estado. Xa en 2020, a Comisión Europea alertaba nun dos seus relatorios sobre a situación da liberdade de prensa que España "carece dun marco axeitado de protección dos alertadores”. 

CPXG