Antena 3 creará nos próximos meses unha axencia de noticias para radio e televisión
Responsables de Antena 3 declararon onte que un dos obxectivos inmediatos da cadea de televisión é crear, nos próximos meses, unha axencia de noticias para radio e televisión, coa idea de comercializar os seus contidos informativos con outros medios de comunicación.
"Estase xestando unha axencia de noticias", sinalou un portavoz da canle de Planeta, confirmando a información publicada sobre este tema na onte pola mañá polo portal de Internet Invertia.