Actualiza os teus datos profesionais e de contacto

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia solicita a todos os colexiados e colexiadas que manteñan actualizados os seus datos profesionais e de contacto. Ademais de asegurar unha correcta comunicación da información relacionada coa actividade do Colexio, esta información pode ser esencial para coñecer de primeira man a situación da profesión en Galicia e responder ás súas necesidades. 

Manter unha base de datos actualizada de todos os colexiados e colexiadas é esencial para o bo funcionamento do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais de garantir que a información relacionada co Colexio poida chegar correctamente a todos os seus e as súas destinatarias, información como o lugar de residencia, a situación laboral ou a empresa ou organización na que se desenvolve o labor informativo resultan de gran importancia para pulsar a realidade do xornalismo na nosa comunidade ou dar unha resposta máis rápida aos distintos desafíos que poida ter a profesión. Alén diso, aínda que o Colexio aposta pola sustentabilidade ecolóxica realizando a meirande parte das comunicacións por correo electrónico, o enderezo postal ou o teléfono son necesarios para enviar carnés ou realizar avisos urxentes.

Por todo isto, é moi importante que as colexiadas e colexiados proporcionen unha información correcta e ao día de todos os seus datos: nome completo, enderezo, teléfonos, datos profesionais... Se pensas que os teus datos poden estar desactualizados, envía por favor a información axeitada ao enderezo de correo xornalistas@xornalistas.gal ou contacta con nós no teléfono 981 935 670. A mellora do funcionamento do Colexio en defensa da profesión está nas túas mans. 

CPXG