Actualiza a túa fotografía e os teus datos para os novos carnés do Colexio de Xornalistas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vai proceder, en xuño deste ano, a renovar a meirande parte dos carnés que identifican como profesionais do xornalismo e membros do CPXG. Até o 5 de abril as colexiadas e colexiados poden enviar fotografías recentes para os novos documentos, así como actualizar calquera dos datos persoais.
Comproba se o teu carné ten caducidade en xuño deste ano, para facilitarnos, se o consideras necesario, unha fotografía recente para incluír na nova acreditación. Para poder estar dispoñíbeis para a renovación dos documentos, as fotografías, formato carné, deben enviarse a administracion@xornalistas.gal antes do 5 de abril, en formato jpg, con calidade suficiente e indicando no nome do arquivo o teu nome completo (NomeApelidoApelido.jpg).
Así mesmo, podes aproveitar para actualizar calquera dos teus datos persoais, enviando as modificacións correspondentes ao mesmo enderezo de correo electrónico.
CPXG