Acordo de colaboración do CPXG coa Dirección Xeral de I+D+i pola divulgación científica

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia colaborará coa Dirección Xeral de I+D+i, dependente da Consellería de Innovación e Industria, cun acordo que se presentou publicamente o pasado 29 de xullo en Compostela.
Este acordo está destinado a potenciar a formación dos xornalistas en divulgación e comunicación da ciencia. A colaboración presentouse coincidindo coa entrega a Roberto Vázquez Noguerol e Raúl Romar García do IV Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación.