A segunda canle de Televisión de Galicia porase en marcha este mesmo ano
O director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez García, asegurou onte que a segunda canle da televisión autonómica se vai por en marcha este mesmo ano.
Explicou que o equipo "está traballando a reo" para que a segunda canle "sexa unha realidade para todos os galegos no 2007". De todas as formas, recoñeceu que existen problemas técnicos, de financiamento e de contidos que fan que o proxecto sufra demoras. A nova cadea anunciárase para o 2006.
A CORUÑA
LA VOZ DE GALICIA
A CORUÑA
LA VOZ DE GALICIA