A Rede de Colexios de Xornalistas lamenta que o posto de secretario de Estado de Comunicación non recaia nun xornalista

A Rede de Colexios de Xornalistas mostra o seu rexeitamento público á decisión do Gobierno de non escoller un xornalista para ocupar o cargo de secretario de Estado de Comunicación, tras abandonar o devandito posto Miguel Angel Oliver e ser nomeado no seu lugar o ex deputado di PSC Francesc Vallès.

A Rede de Colexios de Xornalistas considera que a Secretaría de Estado de Comunicación debe ser dirixida por un xornalista e no por unha persoa de perfil máis político. As xestións das actividades de comunicación de calquera administración pública deberan ser dirixidas e realizadas por un profesional coa titulación correspondente, xa que estas son básicas no Estado de dereito e garantía de transparencia e servizo público.

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS