A Rede de Colexios de Xornalistas aplaude a primeira condena penal contra a desinformación

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas saúda a decisión do tribunal da sección sexta da Audiencia de Barcelona, que vén de impór a primeira sentenza penal en España pola difusión de noticias falsas, por un delito contra os dereitos fundamentais.

O conxunto dos profesionais da comunicación somos os primeiros interesados en que se utilicen todas as vías posíbeis contra a proliferación de mentiras e fake news, que non só atentan contra o dereito á información da sociedade senón que tamén lesionan gravemente a imaxe dos xornalistas, cuxo traballo, rigoroso e axustado aos criterios deontolóxicos, se confunde demasiadas veces co de calquera persoa disposta a desinformar mediante a difusión de material falso ou terxiversado.

No caso que nos ocupa, o interese xenófobo e discriminatorio contra un sector vulnerábel que se agochaba por tras da información falsa fai más grave, se é posíbel, a súa difusión. É importante resaltar, neste sentido, que a proliferación de mentiras non é inocente, senón que busca habitualmente fomentar prexuízos e desigualdade, atentando non só contra a liberdade de información, senón tambén contra outras moitas liberdades e dereitos das persoas.

Por todo iso, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas congratúlase desta sentenza e agarda que a Xustiza actúe con contundencia para contribuír a erradicar da nosa sociedade a proliferación de noticias falsas.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas