A novena edición de A Radio Conta, en favor da visibilización das enfermidades mentais

Oito emisoras radiofónicas da Coruña volven unirse o domingo 26 de decembro para a novena edición da emisión solidaria A Radio Conta, que este ano estará dedicada a  APEM, a Asociación Pro Enfermos Mentais. Moncho Viña conducirá un amplo programa con actuacións musicais, humoristas e outros participantes no Teatro Rosalía da Coruña, que este ano só se poderá seguir a través das ondas das radios participantes, ou da emisión en streaming.

O domingo 26 de decembro de 2020 tera lugar no teatro Rosalía da Coruña unha nova edición de A Radio Conta, a iniciativa nacida no 2013 como o primeiro espazo radiofónico en unir emisoras públicas e privadas da cidade nun programa solidario. Radio Coruña-Cadena SER, RadioVoz, Radio Marca, Cope, Radio Nacional, Radio Galega, Onda Cero, e Radio Intereconomía formarán unha redacción conxunta para xuntar as súas voces neste programa entre as 17 e as 20 horas. 

A retransmisión estará dedicada este ano se dedicara á APEM, a Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña, co obxectivo de axudar a visibilizar as enfermidades mentais, as persoas que as sofren, os seus familiares e as e os profesionais. A entidade ofrece rehabilitación psicosocial e laboral a persoas con enfermidades mentais, un apoio cos que poden levar unha vida independente, normalizada e integrada na sociedade.

O xornalista Moncho Viña será o condutor dunha emisión que contará cos humoristas Xosé Touriñán, David Perdomo e as actuacións musicais o Coro Xove da Orquesta Sinfónica de Galicia, Radio Océano, Lucía Pérez e Vizcaíno. Ademais, haberá competición de cantares de bar entre A Coruña e Vegadeo e tamén participarán Paco Lodeiro, Suso Martínez, Diana Sieira e o medallista olímpico Manuel Reyes. O programa complétase con teatro radiofónico e unha sección de recordo para María Casares e José Sellier. 

Debido ás restricións sanitarias impostas pola COVID-19, esta novena edición de ‘A Radio Conta’ volverá celebrarse, como a do ano pasado, sen público no teatro. Poderá seguirse, porén, polas ondas das emisoras participantes, así como a través dunha retransmisión en streaming,

CPXG