A Eurocámara solicita un fondo permanente de apoio aos medios

O Parlamento Europeo aprobou unha resolución pedindo un fondo de carácter permanente que sirva para facilitar aos medios a recuperación tras a pandemia, a adaptación á era dixtial e a defensa da súa independencia. O texto reclama tamén ferramentas para protexer o xornalismo das presións gobernamentais e dos ataques depredadores dos grandes xigantes tecnolóxicos. 

O Parlamento Europeo aprobou este mércores unha resolución na que se reclama a creación dun fondo de carácter permanente para apoiar aos medios de comunicación na recuperación tras a pandemia, na continuidade da transformación dos modelos de negocio á era dixtial e na defensa da súa independencia. O texto, que foi aprobado con 577 votos a favor, 47 en contra e 76 abstencións, apunta que se ha de dar especial apoio ás organizacións mediáticas naqueles países europeos onde os medios se enfronten a unha presión financeira o política particular o a ataques ao estado de dereito. 

A eurocámara considera tamén que ante os casos, nalgúns países membros, de "capturas" gobernamentais de medios de comunicacións e demandas xudiciais dirixidas a "intimidar e silenciar" xornalistas, é preciso aplicar e pór en marcha ferramentas lexislativas e non lexislativas para protexer o xornalismo. Na resolución denúnciase tamén o "desproporcionado impacto dixital" dos grandes xigantes tecnolóxicos no eido dixital, así como a súa "conducta depredadora", facendo unha chamada á Comisión Europea para que adopte de maneira urxente a normativa de Servizos Dixitais e Mercados Dixitais, que garanta a competencia e a igualdade no acceso aos datos.

Por último, o Parlamento Europeo reclama un apoio á industria do audiovisual, solicitando que se desenvolvan políticas impositivas, así como incentivos fiscais e financeiros destinados a impulsar a produción e os investimentos, así como normativas que aseguren nos catálogos de produtos a demanda unha presencia de obras europeas de polo menos un 30%.

A resolución foi defendida pola parlamentaria lituana Dace Melbārde.

CPXG