A CIG arremete contra a Vicepresidencia pola volta de Superpiñeiro á CRTVG
A sección da CIG na CRTVG publicou unha critica á volta de Xosé Manuel Piñeiro á grella da emisora. A través dunha carta aberta, o sindicato arremete contra Antón Losada, secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia, por respaldar a volta do ex-presentador do 'Supermartes'.
"Nós o único que lembramos del é o contido chocalleiro dos seus anteriores programas nos que o papel asignado ás mulleres era denigrante e de mero obxecto. Ou é que a vostede só lle preocupan os maiores e non o resto da sociedade?", asegura o sindicato nacionalista nesta misiva.
Sobre o apoio de Losada á volta de Piñeiro, a CIG pregunta a Losada se "aplaude vostede porque ese programa se faga por unha produtora allea á TVG, o que contribuirá, sen dúbida, ao enriquecemento dalgúns ao tempo que precariza as condicións laborais de moitos?".
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SXG