A BBC aumentará o seu canon un 3% nos próximos dous anos
O canon da cadea pública británica BBC aumentará un 3% nos próximos dous anos dentro dun proxecto financeiro a seis anos para afrontar o futuro dixital que anunciou na Cámara dos Comúns a ministra de Cultura, Tessa Jowell.
Durante a súa intervención no Parlamento, Jowell precisou que despois deste primeiro aumento, do 2009 ó 2013 a tarifa aumentará un 2%, ata chegar ás 154,5 libras (uns 232 euros) no 2013, 23 libras máis que actualmente.
A proposta do Goberno non satisfixo nin á cadea televisiva nin ós sindicatos, que criticaron que o aumento dos dous primeiros anos, que se corresponde co Índice de Prezos ó Consumo (IPC), non se axuste ó Índice de Prezos Minoristas (RPI, nas súas siglas en inglés), o que se utiliza para calcular soldos e pensións e que se sitúa nun 4,4%.
O director xeral da BBC, Mark Thomson, aplaudiu o proxecto que asegura o financiamento da cadea por seis anos, pero cualifica de "decepcionantes" os seus termos.
A BBC cre que o aumento do canon por debaixo do esperado danará "seriemente" a programación da emisora e implicará repercusións negativas para os traballadores.
Segundo Jowell, o encarecemento do canon, que paga cada fogar británico con televisor, permitirá mover 1.500 postos de traballo desde Londres ata Salford, en Manchester, onde a cadea prevé desprazar parte da súa produción televisiva no 2009, así como pagar 600 millóns de libras para un proxecto de pensións.
LONDRES
EL MUNDO / EFE