O CPXG lembra as recomendacións sobre tratamento do suicidio e abre ás colexiadas e colexiados o webinar sobre esta temática
Con motivo do Día Mundial para a Prevención do Suicidio, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra as ferramentas para un tratamento axeitado deste problema de saúde pública e dispoñibiliza para todas as colexiadas e colexiados, de maneira gratuíta, o curso de formación online Informar sobre suicidio: cando, como e para que, impartido por Gabriel González Ortiz.