Presentada en Oleiros a 'Guía de periodismo inclusivo' de Lucía Quiroga
Lucía Quiroga presentou este luns en Oleiros a súa Guía de periodismo inclusivo: Perspectiva de género interseccional en la construcción de mensajes mediáticos, publicada coa axuda do Instituto das Mulleres, que se presenta como ferramenta para aplicar a perspectiva de xénero na comunicación. A xornalista participou tamén nun debate sobre a situación da profesión xunto a Cláudia Morán, Marga Tojo, Montse Montaos e Pablo Cibeira.