'A Crónica Revelada' chega este xoves a Pontevedra da man de Ana Romaní, Tareixa Navaza e Pilar Fariña
O Concello de Pontevedra organiza este xoves 16 ás 19:00 na Casa das Campás unha mesa arredor das mulleres na comunicación que serve tamén de presentación na cidade do libro A Crónica Revelada: As precursoras do xornalismo galego, publicado polo Colexio de Xornalistas. No acto, encadrado na programacion da Primavera Feminista, van participar Ana Romaní, Tareixa Navaza e Pilar Fariña baixo a moderación de Natalia Puga.