O cadro de Ediciones Reunidas mobilízase para apoiar melloras no seu convenio colectivo
Desde o pasado venres, 15 de decembro, os traballadores de Ediciones Reunidas están a levar a cabo concentracións ante a sede do Grupo Zeta en Madrid. A empresa agrupa a varias revistas mensuais de quiosco (como Woman, Man, PlayStation 2 Revista Oficial, Viajar ou PC Plus) e a outras corporativas (como Ronda Iberia ou Teletodo).