A Comunidade de Madrid abre o concurso para adxudicar as 21 emisoras que outorgou o Goberno
A Comunidade de Madrid abriu onte o concurso público para a adxudicación das 21 novas emisoras de radio da rexión, aprobadas polo Consello de Ministros o pasado 1 de setembro no marco do Proxecto Técnico Nacional de Frecuencia Modulada. Porén, o Goberno de Esperanza Aguirre quixo informar de que acudiu ó Tribunal Supremo ó considerar discriminatorio, por escaso, o reparto levado a cabo polo Ministerio de Industria.