Condenan a investigación aberta contra unha xornalista de Al Jazeera por unha reportaxe sobre as comisarías exipcias
A Rede Árabe para a Información sobre Dereitos Humanos condenou onte a investigación aberta o pasado sábado en Exipto contra unha xornalista da canle qatarí Al Jazeera que preparaba unha reportaxe sobre a tortura nas comisarías exipcias. Nun comunicado, a Rede sinala que a xornalista Huweida Taha recibiu a visita de axentes da Seguridade do Estado exipcio que a interrogaron e requisaron o material filmado, cando se dispuña a viaxar a Qatar para entregar as cintas do documental que realizara.