TVE omite informar dunha conferencia de Rajoy
A imparcialidade dos medios públicos queda cada día en evidencia. O Fórum Nova Economía organiza un almorzo informativo o día 17 de xaneiro con Zapatero. O informativo do mediodía de TVE saca cinco cortes. Mariano Rajoy acode a eses mesmos almorzos este martes 27 de marzo. Para o informativo presentado por Ana Blanco o líder da oposición non dixo nada destacado. A conferencia de Rajoy non existiu.