O Colexio de Xornalistas renova o seu portal en internet
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) estrea hoxe, 24 de xaneiro e coincidindo co patrón dos xornalistas, o seu novo portal en internet co obxectivo de mellorar a comunicación tanto cos seus colexiados como coa cidadanía.