A Universidade de Estremadura conta cunha radio 24 horas que emite a través de martes, 10 de outubro de 2006 A Universidade de Estremadura conta xa cunha radio de 24 horas, Onda Campus 24 horas, que emite a través da páxina web da Universidade de Estremadura: www.unex.es.
Caffarel di que Germán Yanke "ten as portas de RTVE abertas para exercer libremente o seu oficio" martes, 10 de outubro de 2006 A directora xeral de RTVE, Carmen Caffarel, declarou que o xornalista Germán Yanke "ten as portas de RTVE abertas para exercer libremente o seu oficio de informar e de opinar".
II Foro da Cidadanía e da Comunicación mércores, 4 de outubro de 2006 O grupo de investigación Cidacom organiza o segundo Foro da Cidadanía e da Comunicación, dedicado ao estudo do documental. Durante as dúas xornadas de debate analizarase a función deste xénero na construción de cidadáns/cidadás críticos/as, contrapoñéndoo ao resto de produtos e creacións audiovisuais.
Aberta a convocatoria para o 'Premio ao mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval' martes, 3 de outubro de 2006 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Delegación en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos asinaron un convenio de colaboración aproveitando os aspectos de carácter social e público que comparten. Este acordo materializouse na convocatoria do 'Premio ao mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval', publicado en prensa polos colexiados do CPXG ou polos do Colexio de Enxeñeiros Navais.
Comunicación e Discapacidades xoves, 28 de setembro de 2006 O Observatorio dos Medios convoca o seu segundo foro internacional, Comunicación e discapacidades, para afrontar a necesidade de información e presenza nos medios das persoas con discapacidades e as súas familias. Ten unha parte virtual (do 6 de novembro ao 16 de decembro), na páxina do Observatorio, e unha xornada presencial, o 16 de decembro na Coruña, coa posibilidade de participar en calquera das dúas.
Comunicación e Mocidade xoves, 28 de setembro de 2006 O Foro Internacional sobre Comunicación e Mocidade desenvolvera o seu foro virtual a partir do 15 de xaneiro do 2007, co debate sobre as diferentes ponencias na rede, e a súa xornada presencial na cidade de Lugo o día 24 de febreiro, coa participación, coma sempre, aberta en ambas as dúas.
Comunicación e Persoas Maiores xoves, 28 de setembro de 2006 Co cuarto foro, que vencella o mundo da comunicación coas persoas maiores, péchase a primeira quenda de encontros internacionais organizados polo Observatorio dos Medios. O debate na rede do foro Comunicación e Persoas Maiores desenvolverase na rede desde o 12 de febreiro ao 24 de marzo. O día 24 realizarase unha xornada presencial en Ourense.
O Observatorio dos Medios organiza un Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero martes, 26 de setembro de 2006 O Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do Observatorio Galego dos Medios, que depende do CPXG, organiza en novembro o primeiro dos foros internacionais sobre xornalismo e sociedade que prepara para finais de 2006 e primeiros de 2007.
I Simposio sobre Economía da Comunicación luns, 25 de setembro de 2006 O Observatorio dos Medios celebrará entre o 6 e o 23 de febreiro de 2007 o I Simposio Internacional sobre Economía da Comunicación: Educación, Cidadanía e Xornalismo Social. Un evento organizado en colaboración co Grupo de Investigación Eumed da Universidade de Málaga e co Grupo de Investigación Cidadanía e Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
O CPXG convida a crear e a participar en comisións de traballo sobre a profesión luns, 25 de setembro de 2006 Co obxectivo de fomentar a intervención e a participación dos colexiados e colexiadas, o CPXG quere poñer en marcha diferentes comisións sectoriais de traballo sobre a profesión.