O Colexio de Xornalistas organiza unha xornada sobre o tratamento informativo do Prestige
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza a mesa redonda O tratamento informativo do Prestige vinte anos despois, na que destacados xornalistas que informaron daquela catástrofe da historia recente de Galicia debaterán sobre as circunstancias en que se realizou a súa cobertura. O acto terá lugar o vindeiro luns 14 de novembro ás 19:00 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia en Santiago de Compostela (Rúa Nova, 9).