Guía de Proyecto Hombre para o tratamento informativo das adicións
A Asociación Proyecto Hombre publicou recentemente a guía de comunicación Cómo mejorar la información sobre las adicciones, que busca combater os mitos e estereotipos no tratamento informativo desta problemática. Esta ferramenta fornece datos e información científica, propón enfoques axeitados, ferramentas de redacción ou fontes e ofrece alternativas terminolóxicas e de imaxes.