XX Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz ‘Francisco Rodríguez Arias’

Do ao

O Concello de Badajoz convoca o XX Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz co obxectivo de recoñecer os mellores traballos de calquera xénero xornalstico escritos en español que foran publicados en medios de comunicación impresos ou dixitais, a excepción de radio e televisión, e editados en calquera lugar do mundo entre o 15 de setembro de 2022 e o 15 de setembro de 2023. O galardón está dotado con 6.000 euros, que se repartirán entre un primeiro premio de 4.000 e un segundo de 2.000 euros. 

A temática dos traballos é libre, pero o xurado "prestará especial atención a aqueles traballos que desenvolvan novas técnicas profesionais e aos que se distingan pola súa innovación e calidade profesional".

O prazo límite para a recepción dos traballos expira ás 23:59 horas do 18 de setembro de 2023. A inscripción deberá realizarse de maneira virtual, a través da plataforma Mundo Arti. Os traballos presentaranse en formato pdf, acompañados dunha ficha técnica e os datos persoais do autor.

Máis información nas bases do premio