XLV Premio Internacional de Xornalismo Julio Camba

Do ao

Afundación convoca a XLV edición do seu Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán, dotado con 10.000 euros. Poderanse presentar artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión.

Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de traxectoria consolidada, entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de agosto de 2024. A extensión aproximada é de mil palabras. O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de setembro de 2024.

Os traballos deberán presentarse cumplimentando o formulario accesible na rede.

Máis información nas bases do premio.