XI Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero

Do ao

Información de contacto:

Premio de Periodismo contra la Violencia de Género ‘Fundación Aliados por la Integración’.
premioperiodismo@aliadosporlaintegracion.org

A Fundación Aliados por la Integración convoca os XI Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero, que teñen como obxectivo recompensar aqueles traballos xornalísticos que contribúan á defensa e difusión dos valores contra esta lacra social.

Estabelécense tres categorías: Medio escrito (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), Radio-Podcast e Televisión, cada unha delas dotada cun importe de 3.000 euros. 

Os traballos deberán ter sido publicados ou difundidos entre o 18 de novembro de 2025 e o 23 de outubro de 2026, e irán acompañados da información persoal e de contacto e dos datos da publicación ou emisión.

As candidaturas enviaranse antes do 23 de outubro do 2026 por correo electrónico ao enderezo premioperiodismo@aliadosporlaintegracion.org. Só poderá presentarse un traballo por autor, aínda que se permiten traballos englobados dentro dunha serie.

Máis información nas bases do premio