VII Premio Saliou Traoré de xornalismo en español sobre África
A Axencia EFE e Casa África lanzan a sétima edición do Premio Saliou Traoré de xornalismo en español sobre África, dotado con 5.000 euros e unha estatuilla conmemorativa, obra de María de Frutos.
Poden aspirar a estes premios xornalistas de calquera nacionalidade que publicaran traballos sobre o continente africano ou de temática africana en idioma español entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. Ademais poderán propoñer candidaturas a este premio asociacións profesionais de xornalistas, institucións, así como os responsables de Casa África e os delegados da Axencia EFE en todo o mundo.
Pódense presentar traballos entre o 17 de xaneiro e o 17 de abril de 2025 a traves do formulario dispoñíbel na web do premio.
Máis información nas bases do premio.