VI Concurso de Comunicación Científica IGFAE C3

Do ao

Información de contacto:

artigos-C3-2023@igfae.usc.es

 

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) convoca a sexta edición do Concurso de Comunicación Científica (IGFAE C3), que ten como obxectivo fomentar o interese pola cultura científica e estimular a aprendizaxe da Física e os seus fundamentos. 

O certame está aberto a persoas de calquera país e divídese en catro categorías, cada unha delas dotadas con 400 euros: fotografía científica, artigo divulgativo, vídeo divulgativo e proxectos orixinais. Na categoría de artigos divulgativos poden participar profesionais con textos publicados en medios de comunicación. 

As persoas participantes nesta categoría presentarán un artigo de divulgación científica (relato, entrevista, reportaxe, conto, noticia, etc.) sobre un tema relacionado coa Física, especialmente aquela que é obxecto de estudo das áreas de investigación do IGFAE. Poderán estar redactados en galego, español ou inglés, cunha extensión máxima de 1.200 palabras e deberán ser enviados nun ficheiro PDF con formato libre (e ligazón, no caso de que o artigo estea publicado na rede). No caso dos textos non inéditos, terán que ter sido publicados entre o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023. Non se aceptarán textos creados co apoio de ferramentas de intelixencia artificial.

O período de inscrición no concurso acaba o 31 de outubro de 2023 ás 23:59 (hora de Santiago de Compostela). No caso dos artigos divulgativos, as propostas deben enviarse ao correo electrónico artigos-C3-2023@igfae.usc.es

Máis información nas bases dos premios.