V Premios Alejandro Echevarría
A Fundación Comunicando Futuro - Alejandro Echevarría abriu o prazo para presentar candidaturas á quinta edición dos Premios Alejandro Echevarría, uns galardóns que recoñecen a persoas, proxectos e institucións que destacan pola súa contribución a unha comunicación responsábel, transparente e libre de desinformación, xerando un ben común.
Os premios convócanse en cinco categorías: Transparencia e Rigor Informativo, Alfabetización Mediática e Informativa, Innovación na Loita contra a Desinformación, Compromiso na Loita contra a Desinformación e Loita contra a Desinformación Sectorial. Poden propor candidaturas o xurado, o consello asesor, o patronato e os órganos da Fundación Comunicando Futuro e calquera persoa a través do formulario online.
O período de presentación estará aberto até o 30 de outubro de 2026. Un xurado composto por 16 expertos seleccionará as candidaturas finalistas e elixirá os gañadores nunha votación final o 26 de novembro.
Máis información nas bases do premio.