Ucraína: unha guerra sobre o terreo

Do ao

Horario: Mércores 29 de xuño ás 19.30 horas

Lugar: Salón de actos do Vello Cárcere.Praza da Constitución, s/n. 27002 Lugo

O salón de actos do Vello Cárcere de Lugo (Praza da Constitución, s/n) acolle este mércores 29 de xuño, ás 19.30 horas, a charla Ucraína: unha guerra sobre o terreo, a cargo do xornalista lucense Marcos Méndez, enviado especial de Telecinco, TVG e El Progreso a este conflito armado. O acto forma parte da serie Encontros en El Progreso e contará tamén coa presenza de Dolores Cela, José Luis Ramudo e José Manuel Freire.

Méndez desenvolveu o seu labor profesional en diferentes medios ao longo da súa carreira e a guerra en Ucraína non foi o único acontecemento con repercusión mundial que cubriu. Tamén foi testemuña directa da erupción do volcán Cumbre Vieja, na illa da Palma, desde onde se converteu na voz e os ollos para os miles de galegos que seguían desde Lugo o voraz espertar do volcán. Hai dúas décadas cubriu tamén para El Progreso desde Australia a declaración da muralla como Ben Mundial.

A entrada será libre e gratuíta até completar aforo. Máis información aquí.