Presentación do curso de inglés para xornalistas

Do ao

Horario: Mércores 19 de xullo ás 16:30 horas

Lugar: Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9, Santiago de Compostela)

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela presenta o mércores 19 de xullo ás 16:30 horas no Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9) o curso oficial de Inglés para xornalistas, que se realizará dentro dos cursos especiais que a EOI ten programados para colectivos profesionais no ano lectivo 2023/24, coa colaboración da Facultade de Comunicación da USC, a Asociación de Periodistas de Santiago e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

A presentación correrá a cargo de Gonzalo Constenla, director da EOI de Santiago. O curso leva por epígrafe “Curso de actualización das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación de textos orais para xornalistas”. Terá modalidade semipresencial durante o primeiro cuatrimestre de 2023 e aportarase o correspondente certificado oficial.