Premio xornalístico para fomentar o coñecemento das IXP de bebidas espirituosas en España

Do ao

Información de contacto:

prensa@espirituosos.es

Espirituosos España convoca a I Edición do Premio Xornalístico para fomentar o coñecemento das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Bebidas Espirituosas en España, que ten o obxectivo de promover e recoñecer o labor dos xornalistas, comunicadores e divulgadores nos medios de comunicación, pola súa contribución á divulgación e achegamento á opinión pública das calidades e características das diferentes IXP de bebidas espirituosas existentes en España.

Poden concorrer ao premio os artigos e reportaxes publicadas ou emitidas en medios españois de calquera ámbito de cobertura (prensa escrita, medios online, radio, televisión, blog, podcast, newsltetters de máis de 2.000 envíos) durante o período comprendido entre o 1 de xullo de 2022 e o 31 de decembro de 2022. Os traballos deberán presentarse en castelán ou en linguas cooficiais de España acompañados da tradución correspondente ao castelán.

Os premios contan con 9 categorías xeográficas, dotadas dun premio cada unha valorado en 300 euros. No caso da categoría dedicada a Galicia, os traballos deberán tratar sobre as IXP existentes na comunidade: Augardente de herbas de Galicia, Licor de herbas de Galicia, Licor café de Galicia e Augardente de Galicia, puidendo versar sobre cada unha delas ou varias. 

Os traballlos poden enviarse a prensa@espirituosos.es até venres 13 de xaneiro de 2023. Máis información nas bases do premio.