Premio Gabo 2022
A Fundación Gabo abre as inscricións ao Premio Gabo 2022, co obxectivo de "promover un mellor xornalismo, a procura da excelencia, a innovación, o rigor no tratamento dos feitos e a coherencia ética por parte dos xornalistas que traballan e publican de xeito regular en español e portugués para o público de América, España e Portugal".
As inscricións están abertas ata o 15 de xuño na plataforma do premio para os xornalistas que publicaran traballos en español ou en portugués entre o 1 de xullo de 2021 e o 7 de xuño de 2022, en calquera formato ou tipo de medio. O galardón consta de cinco categorías: Texto, Fotografía, Audio, Imaxe e Cobertura.
Cada un dos catro gañadores do Premio Gabo recibirá 35 millóns de pesos colombianos e un exemplar da escultura Gabriel, da autoría de Antonio Caro.
Máis información nas bases do premio.